1. |
Ensíname
05:26
|
|
||
No frío da mañá
dunha cidade estranxeira
dende a luz dunha pantalla
coa túa voz
ensíname a vivir.
Cando o sol abre os ollos
e o xeo esvara cara o chan
na paciencia das tardes
ensíname a vivir
sen ti.
No espazo aberto
na inmensa rede
onde se perden
os nosos verbos
nas zonas mortas
do hiperespazo.
Ensíname a vivir.
|
||||
2. |
Fórmula
03:40
|
|
||
Unha fórmula tan vella coma o mundo
se ti coidas de min e eu coido de ti
o resultado é moi superior a dous
unha fórmula tan vella coma o mundo
Un posicionamento político
logo de fallar as políticas do corpo
un posicionamento político
unha fórmula tan vella coma o mundo
Un compromiso que naceu e medrou da terra
cando eu miro por ti e ti miras por min
neste preciso intre do tempo eterno
agora podo dicir que vivín
Un posicionamento político
logo de fallar as políticas do corpo
un posicionamento político
unha fórmula tan vella coma o mundo
Ti e máis eu non somos líquidos
ti e máis eu contra marea e vento
ti e máis eu unidos por unha suma
unha fórmula tan vella coma o mundo
Un número moito máis grande que as súas partes
si eu coido de ti e ti coidas de min
xuntos viviendo o misterio do planeta
unha parte de algo que non terá fin
Un posicionamento político
logo de fallar as políticas do corpo
un posicionamento político
unha fórmula tan vella coma o mundo
|
||||
3. |
Fai o que queiras
03:31
|
|
||
Para levar ben a conta
vou ferver un litro de auga
cando o vapor nos ateigue
vouche facer un sinal.
E aló no fondo da pota
han quedar os esperpentos
para facer un sofrito
para que fuxan os ventos.
Ti fai o que queiras.
O tempo vai nun sentido
e o big data vai embora
dou o panfleto por lido
se a conversa se acalora.
Ti fai o que queiras.
Non sei deixar de medrar
e ti que tampouco a cheiras
non nos agardan alá así que
fai o que queiras.
|
Streaming and Download help
If you like Peña, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp